Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2012 Páx. 47485

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2012 pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto e trámite ordinario, dos expedientes 2012/CSUA1/000024 e 2012/CSUA1/000025.

Subministracións:

• Expediente nº: 2012/CSUA1/000024.

Obxecto: subministración de enerxía eléctrica con mellora de prezos mediante a celebración dunha poxa electrónica. Lote 1: baixa tensión con potencia contratada superior a 15 kW. Lote 2: media tensión con potencia contratada igual ou inferior a 450 kW. Tarifa 3.1.A. Lote 3: media tensión con potencia contratada superior a 450 kW. Tarifa 6.1.

Localidade: Santiago de Compostela, Lugo, Ferrol e Vilagarcía de Arousa (véxase o anexo I ao prego de prescricións técnicas).

Provincia: A Coruña, Lugo e Pontevedra.

Importe de licitación: 3.097.435,26 euros, IVE non incluído (lote 1: 227.684,57 euros; lote 2: 467.465,44 euros; lote 3: 2.402.285,25 euros).

Garantía provisional: 6.830,54 euros para o lote 1; 14.023,96 euros para o lote 2; 72.068,56 euros para o lote 3.

Prazo de execución: 1 ano.

Criterios de valoración: prezo.

O anuncio deste expediente foi enviado ao DOUE o 5 de decembro de 2012.

Para este expediente só se presentarán sobres A e B.

• Expediente nº: 2012/CSUA1/000025.

Obxecto: subministración de gas natural con mellora de prezos mediante a celebración dunha poxa electrónica. Lote 1: tarifas 3.3, 3.4 con consumo menor a 5 GWh/ano e 3.4 con consumo maior a 5 GWh/ano. Lote 2: tarifa 3.5.

Localidade: Santiago de Compostela e Lugo (véxase o anexo I ao prego de prescricións técnicas).

Provincia: A Coruña e Lugo.

Importe de licitación: 1.578.544,84 euros, IVE non incluído (lote 1: 689.980,33 euros; lote 2: 888.564,51 euros).

Garantía provisional: 20.699,41 euros para o lote 1; 26.656,94 euros para o lote 2.

Prazo de execución: 1 ano. En caso de prórroga, para os termos regulados aplicarase o disposto no BOE, para os variables o que se determine de mutuo acordo entre a empresa e a USC.

Criterios de valoración: prezo.

O anuncio deste expediente foi enviado ao DOUE o 13 de decembro de 2012.

Para este expediente só se presentarán sobres A e B.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita os expedientes: Servizo de Xestión Económica.

c) Número dos expedientes: os arriba indicados.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: os arriba indicados.

b) Número de unidades que hai que entregar/executar: as especificadas no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de entrega/execución: os citados anteriormente.

d) Prazo de entrega/execución: os mencionados anteriormente.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: os indicados anteriormente.

5. Garantía.

Provisional: as citadas anteriormente.

6. Obtención de documentación.

A documentación para participar no procedemento aberto poderá ser consultada ou descargada na páxina web www.usc.es/contratacion, correo electrónico mailto:contratacion@usc.es

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Casa da Balconada, Servizo de Xestión Económica.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Código postal e Localidade: 15782 Santiago de Compostela.

d) Teléfonos: 881 81 12 60, 881 81 12 61, 881 81 12 63 e 881 81 12 64.

e) Fax: 881 81 13 66.

f) Enderezo web: www.usc.es/contratacion

g) Data límite de obtención de documentos e información:

– 2012/CSUA1/000024: 14.00 horas do día 15 de xaneiro de 2013.

– 2012/CSUA1/000025: 14.00 horas do día 22 de xaneiro de 2013.

7. Requisitos específicos dos contratistas.

Clasificación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación:

– 2012/CSUA1/000024: 14.00 horas do día 15 de xaneiro de 2013.

– 2012/CSUA1/000025: 14.00 horas do día 22 de xaneiro de 2013.

b) Documentación que se ten que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rexistro Xeral (Reitoría).

Domicilio: praza do Obradoiro s/n.

Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.

Ou en:

Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rexistro Xeral (Edificio Servizos Administrativos-Biblioteca Intercentros, polígono de Fingoi, s/n).

Domicilio: Campus Universitario.

Código postal e localidade: 27002 Lugo.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.

e) Admisión de variantes: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela. Casa da Balconada.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data:

– 2012/CSUA1/000024: sobre B: 25 de xaneiro de 2013. A data da celebración da poxa electrónica comunicaráselles oportunamente aos licitadores admitidos.

– 2012/CSUA1/000025: sobre B: 1 de febreiro de 2013. A data da celebración da poxa electrónica comunicaráselles oportunamente aos licitadores admitidos.

e) Hora: 13.00 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios a rateo.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2012

Por delegación (Resolución do 1.8.2011; DOG do 18 de agosto)
María Lourdes Batán Aira
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela