Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2012 Páx. 47484

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 26 de novembro de 2012, da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, pola que se lle notifica á persoa relacionada a desestimación da súa solicitude de aboamento da paga extra correspondente ao mes de decembro de 2012.

Pola presente cédula, e debido a que os abaixo relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselle á persoa incluída na relación que se insire que:

Como persoal vinculado ao Servizo Galego de Saúde está incluído no ámbito subxectivo de aplicación da Lei 9/2012, do 3 de agosto (DOG nº 152, do 9 de agosto), de adaptación das disposicións básicas do Real decreto lei 20/2012. Esta norma suprime, para o ano 2012, tanto a paga extraordinaria como a paga adicional do complemento específico ou pagas adicionais equivalentes do mes de decembro, polo que procede denegar a solicitude presentada.

Para que conste, sirva de notificación á interesada, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, firmo e selo esta cédula.

Lugo, 26 de novembro de 2012

Ana María García Cedrón
Directora xerente de Atención Primaria de Lugo

ANEXO

Nome da solicitante: Taboada García, Carmen (DNI 34251250-H).