Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2012 Páx. 47483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 23 de novembro de 2012, da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas a desestimación da súa solicitude de aboamento da paga extra correspondente ao mes de decembro de 2012.

Pola presente cédula, e debido a que os abaixo relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Como persoal vinculado ao Servizo Galego de Saúde atópase incluído no ámbito subxectivo de aplicación da Lei 9/2012, do 3 de agosto (DOG núm. 152, do 9 de agosto) de adaptación das disposicións básicas do Real decreto lei 20/2012. Esta norma suprime, para o ano 2012, tanto a paga extraordinaria como a paga adicional do complemento específico ou pagas adicionais equivalentes do mes de decembro, polo que procede denegar as solicitudes presentadas.

Para que conste, sirva de notificación aos interesados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.

Lugo, 23 de novembro de 2012

Ana María García Cedrón
Directora xerente de Atención Primaria de Lugo

ANEXO

Nome dos solicitantes:

Celeiro González, Marta (DNI: 33828280H).

Cocheteux Lourido, Ángeles (DNI: 76405226P).

Losada Sexto, Josefa (DNI: 34247111L).

Prieto López, José Francisco (DNI: 34245568V).