Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2012 Páx. 47330

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pol

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza municipal para ampliación de establo.

Ganadería Ferro solicitou desta alcaldía licenza municipal para ampliación de establo e construción de fosa de xurro na parcela 209, polígono 2 e 434, polígono 4 (O Outeiro, Silva), o que se somete a información pública de acordo co establecido no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, durante o prazo de 20 días para os efectos de alegacións que os interesados consideren oportunas.

Pol, 20 de novembro de 2012

Lino Rodríguez Ónega
Alcalde