Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2012 Páx. 47331

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Pontes de García Rodríguez

ANUNCIO de licitación para subministración de enerxía eléctrica.

Enviouse o anuncio de licitación ao Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE) con data do 3 de decembro de 2012.

O Concello das Pontes de García Rodríguez vai contratar, por procedemento aberto e un único criterio de adxudicación, a subministración de enerxía eléctrica por lotes.

Prezo do contrato: o prezo anual estimado do contrato é de 775.236,60 €, IVE incluído.

Lote 1: subministración de baixa tensión cunha potencia contratada igual ou inferior a 10 kW: 169.181,82 € anuais, IVE incluído.

Lote 2: subministración de baixa tensión cunha potencia contratada superior a 10 kW e os de media tensión: 606.054,78 € anuais, IVE incluído.

Prazo de execución: o contrato terá un prazo de execución dun ano prorrogable por outro ano máis.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse durante o prazo de 52 días naturais a partir da data de envío do anuncio do contrato á Comisión Europea (Diario Oficial de la Unión Europea, DOUE).

Documentación: os pregos están dispoñibles no perfil do contratante do concello no enderezo www.aspontes.com.

As Pontes de García Rodríguez, 4 de decembro de 2012

Valentín González Formoso
Alcalde