Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2012 Páx. 47328

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para ordenación de volumes no Colexio de Fomento Peñarredonda. (Expediente 631/116/2011).

O Pleno municipal, en sesión que tivo lugar o día 5 de novembro de 2012, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar o informe de alegacións do 11 de setembro de 2012 emitido polo xefe de Servizo de Planeamento e Xestión.

Segundo. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para ordenación de volumes do Colexio de Fomento Peñarredonda.

Terceiro. Notificar o acordo de aprobación definitiva aos departamentos municipais de Xestión de Solo, Licenzas e Disciplina, Área de Infraestruturas, Sección de Patrimonio Urbanístico, aos interesados no expediente e ao promotor do estudo de detalle, a quen se refire, ademais, para que nun prazo de 10 días presente en soporte informático a documentación aprobada para a súa incorporación ao Sistema de información xeográfico municipal, e catro copias idénticas do documento aprobado definitivamente.

Cuarto. Ordenar o cumprimento dos trámites administrativos recollidos nos artigos 92.2 e 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para a entrada en vigor do estudo de detalle, logo do cumprimento do requirimento efectuado ao promotor no número anterior».

Este acordo pon fin á vía administrativa. Pódese interpoñer, contra este, recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte a aquel en que se practique a súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia, ou a súa notificación no caso do promotor, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de calquera outro que se considere pertinente.

A documentación exixida polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tivo entrada na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, para os efectos da entrada en vigor do estudo de detalle para ordenación de volumes do Colexio de Fomento Peñarredonda, sito na rúa Ginebra, 3, o día 20 de novembro de 2012.

Os gastos desta publicación serán aboados polo promotor.

A Coruña, 20 de novembro de 2012

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo