Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2012 Páx. 47189

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 27 de novembro de 2012 pola que se autorizan as ensinanzas deportivas de vela no centro autorizado de ensinanzas deportivas Santa Apolonia, do concello de Santiago de Compostela (A Coruña).

A titular do centro autorizado de ensinanzas deportivas Santa Apolonia, do concello de Santiago de Compostela, solicita autorización para impartir as ensinanzas deportivas conducentes á obtención dos títulos de técnico deportivo en Vela con Aparello Fixo, técnico deportivo en Vela con Aparello Libre, técnico deportivo superior en Vela con Aparello Fixo e técnico deportivo superior en Vela con Aparello Libre.

O Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial; o Real decreto 935/2010 establece os títulos de técnico deportivo en Vela con Aparello Fixo e técnico deportivo en Vela con Aparello Libre, fixa as súas ensinanzas mínimas e os requisitos de acceso; o Real decreto 936/2010 establece os títulos de técnico deportivo superior en Vela con Aparello Fixo e técnico deportivo superior en Vela con Aparello Libre, fixa as súas ensinanzas mínimas e os requisitos de acceso, e o Decreto 135/2012 establece o currículo das ensinanzas de técnico deportivo en Vela con Aparello Fixo e Libre.

Así mesmo, o Decreto 410/2003, do 6 de novembro, regula os requisitos e o procedemento para a autorización a centros privados e a centros públicos que non sexan de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para impartir ensinanzas de técnicos deportivos na Comunidade Autónoma de Galicia; norma desenvolvida polas ordes desta consellería do 12 de abril de 2004 e do 23 de abril de 2004, nas cales se determinan o procedemento de autorización e os requisitos mínimos dos espazos administrativos e docentes xenéricos con que deben contar os centros.

De conformidade con esta normativa e logo de realizar os trámites preceptivos, a Xefatura Territorial da Coruña achega o expediente cos correspondentes informes para a autorización das devanditas ensinanzas, e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar as ensinanzas de vela, no centro docente cuxos datos se sinalan a seguir:

Denominación xenérica: centro autorizado de ensinanzas deportivas.

Denominación específica: Santa Apolonia.

Código do centro: 15032558.

Domicilio: Poza Real, 5, A Rocha.

Localidade: Santiago de Compostela.

Concello: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Titular: María del Rosario Medina Gómez.

Composición resultante:

Técnico deportivo en Vela con Aparello Fixo.

Técnico deportivo en Vela con Aparello Libre.

Técnico deportivo superior en Vela con Aparello Fixo.

Técnico deportivo superior en Vela con Aparello Libre.

Técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo.

Técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre.

Técnico deportivo superior en Hípica.

Segundo. Antes da posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá a docencia, así como o equipamento axeitado.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da lexislación vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria