Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2012 Páx. 47236

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 16 de novembro de 2012, do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-01481-O-2012).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles á empresa que a seguir se relaciona a resolución que o xefe territorial ditou no expediente sancionador instruídos por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Fáiselle saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a interesada deberá aboar a multa imposta a través dun ingreso en calquera oficina do BBVA, de Caixa Galicia, de Caixanova ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará neste servizo de mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación á interesada, asino e selo esta cédula.

Pontevedra, 16 de novembro de 2012

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

PO-01481-O-2012

M-9888-LT

Garda Civil 3602 C14985S

Excamel, S.L.

B15937931

Rúa do Carmen, 16

15800 Melide, A Coruña

A realización de transporte privado en vehículo lixeiro de máis de 3,5 t de MMA, sen a autorización.

3.4.2012; 15.32; N-640; 161,9

Art. 142.25 LOTT

Art. 141.13 LOTT Art. 199.25 ROTT

Art. 198.13 ROTT

Art. 143.1.b) LOTT Art. 201.1.b) ROTT

400 euros