Segundo consta no expediente, intentada a práctica da notificación a Óscar Barbosa Rodríguez, en relación co expediente sancionador en materia de xogo P-5/11 que se relaciona no anexo que se achega, non foi posible efectuala polo que esta Dirección Xeral de Emerxencias e Interior acorda proceder á notificación da dita resolución por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Vigo (Pontevedra), ao abeiro do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 24/2001, do 27 de decembro).
O interesado poderá examinar a citada resolución completa no Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, sito na rúa Roma, 25-27, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
De acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra a resolución do expediente indicado, que non esgota a vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, podendo interporse o dito recurso ou calquera outro que considere pertinente ao seu dereito, ante esta dirección xeral e/ou ante a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2012
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior
ANEXO
Expediente: P-5/11.
Interesado: Óscar Barbosa Rodríguez.
DNI: 36125814J.
Último enderezo coñecido: rúa Rosario, 4, Vigo (Pontevedra).
Data da resolución: 27 de xuño de 2012.
Tipificación e precepto infrinxido: caducidade.