Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2012 Páx. 46972

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Narón

ANUNCIO de información pública sobre a apertura dunha actividade de almacenamento de estadas e oficinas e legalización de instalación de climatización.

Bis-Spain, S.A. solicitou nesta alcaldía licenza municipal para a apertura dunha actividade de almacenamento de estadas e oficinas e legalización de instalación de climatización, situado na avda. Gonzalo Navarro, parcela 20, sector I, polígono Río do Pozo. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas no Departamento de Urbanismo deste concello.

Narón, 6 de outubro de 2012

Alfonso de Prado Fernández-Canteli
Secretario xeral