Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2012 Páx. 46973

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO polo que se fai pública a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de mantemento da rede pública inalámbrica wifi da cidade de Ourense.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: praza do Trigo, nº 2-3º.

3) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4) Teléfono: 988 26 93 33.

5) Fax: 988 22 14 94.

6) Correo electrónico: infraestructuras@ourense.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

d) Número de expediente: ref. 2242.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de mantemento da rede pública inalámbrica wifi da cidade de Ourense.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.

d) Prazo de execución/entrega: 1 ano.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 50312300-8.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

– Oferta económica: 65 puntos.

– Memoria técnica: 35 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 50.847,00 euros. IVE: 10.677,87 euros. Importe total: 61.524,87 euros.

5. Garantías exixidas.

a) Definitiva: 5 % do prezo total do contrato, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económico-financeira: a que se establece no artigo 12.4 do prego de cláusulas administrativas.

b) Solvencia técnica: a que se establece no artigo 12.5 do prego de cláusulas administrativas.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG, e ata as 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 13 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: rexistro xeral.

2. Domicilio: praza Maior núm. 1.

3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es

d) Prazo de vinculación da oferta: dous meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Concello de Ourense, praza Maior, núm. 1.

b) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do Concello.

9. Gastos de publicidade. O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 4 de decembro de 2012

Agustín Fernández Gallego
Alcalde