Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2012 Páx. 46971

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 8 de novembro de 2012, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Sebastián Santiago Fernández de nova concesión administrativa de ocupación de terreos de dominio público portuario do porto do Xufre, na Illa de Arousa, para a construción e explotación de bar restaurante (expediente 13-04-12-C2).

Sebastián Santiago Fernández solicita a concesión administrativa de ocupación dunha parcela de terreos de dominio público portuario do porto do Xufre, na Illa de Arousa, para a construción e explotación de bar restaurante, segundo o proxecto básico redactado en xullo de 2012 polo arquitecto Santiago Domínguez Baltar.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE número 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Benito Corbal, 37-3º, 36001 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 8 de novembro de 2012

Mateo Ruibal Fernández
Enxeñeiro xefe da Zona Sur de Portos de Galicia