Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2012 Páx. 46978

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de información pública sobre a delegación do Concello das Neves na Deputación Provincial de Pontevedra para a xestión de diversos servizos.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de outubro de 2012, acordou por unanimidade aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de recursos locais realizou o Concello das Neves, por acordo do Pleno do 24 de setembro de 2012, e seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación da taxa por distribución domiciliaria de auga.

A citada delegación será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL).

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 15 de novembro de 2012

Rafael Louzán Abal
Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra

Carlos Cuadrado Romay
Secretario da Deputación
Provincial de Pontevedra