Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2012 Páx. 46977

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do estudo de detalle na zona de intersección da rúa Rosalía de Castro coa avenida de Portugal.

Aprobado inicialmente o 5 de novembro de 2012 o estudo de detalle de iniciativa pública elaborado en outubro de 2012 polo arquitecto asesor municipal Manuel Vidal García, que afecta unha área situada na zona de intersección da rúa Rosalía de Castro coa avda. de Portugal, da vila de Xinzo de Limia, e que desenvolve o Plan xeral de ordenación urbana de Xinzo de Limia, xa que ten como finalidade a reordenación do sistema viario, espazos libres e aliñacións.

En cumprimento do acordo da Xunta de Goberno Local do 5 de novembro de 2012 e do artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo de vinte días, contados desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o período de información pública quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións e suxestións que se consideren pertinentes.

A aprobación inicial do estudo de detalle comporta a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito afectado por el, suspensión que se extinguirá coa aprobación definitiva do estudo de detalle.

Xinzo de Limia, 13 de novembro de 2012

Antonio Pérez Rodríguez
Alcalde