Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2012 Páx. 46871

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública do estudo de detalle no ámbito do quinteiro K do Parque empresarial da Sionlla (parcelas K4C01A-K4C01B).

A Xunta de Goberno local, na sesión ordinaria que tivo lugar o 25 de outubro de 2012, adoptou entre outros o seguinte acordo:

a) Aprobar inicialmente o estudo de detalle, presentado o 28 de setembro de 2012 por Inmobiliaria Leroy Merlín, S.L.U., no ámbito do quinteiro K do parque empresarial da Sionlla (parcelas K4C01A-K4C01B).

b) En aplicación do procedemento regulado polo artigo 86.2 da LOUG, o estudo de detalle inicialmente aprobado someterase a información pública durante o prazo de vinte días, con citación persoal dos propietarios das parcelas afectadas e anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia.

Con carácter previo á aprobación definitiva, e en cumprimento do exixido polo artigo 74.c) da LOUG, haberá de acreditarse a titularidade da sociedade promotora sobre as parcelas obxecto de ordenación.

De conformidade co disposto no artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o citado expediente sométese a información pública polo prazo de vinte días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo, os interesados poderán consultar o expediente no Servizo de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2012

Ángel Currás Fernández
Alcalde