Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2012 Páx. 46870

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santa Comba

EDICTO polo que se somete a información pública a solicitude de licenza municipal para nave destinada a actividades anexas á industria do moble, situada en Catro Ventos, O Outeiro, parroquia de Mallón.

Ao abeiro da Instrución 2/2011, do 12 de abril, para a aplicación da disposición transitoria terceira da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2001, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sobre edificacións sen licenza, tramítese, por instancia de S. Lage Pinturas y Barnizados, S.L., o recoñecemento definitivo da construción ou edificación da nave industrial coa actividade de actividades anexas á industria do moble, pintura e revestimento en papel, tratamentos de lacados, vernizados ou pintados, sita en Catro Ventos, no lugar do Outeiro, parroquia de Mallón, de acordo co anexo presentado. E en cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública por período de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este tempo –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

Santa Comba, 12 de novembro de 2012

Antonio Manuel Landeira Gallardo
Alcalde