Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2012 Páx. 46869

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación para o arrendamento de dous vehículos para diversos usos municipais.

Mediante Decreto da Alcaldía do 28 de novembro de 2012, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 20/12).

2. Obxecto do contrato: subministración mediante o sistema de arrendamento renting de dous vehículos (turismos) para diversos usos municipais no concello do Porriño.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 23.232 € (19.200 € + 4.032 € de IVE), cun prazo de execución de dous anos (con posibilidade de prórroga 1 ano máis).

5. Garantías: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte á última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 29 de novembro de 2012

José Nelson Santos Argibay
Alcalde