Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2012 Páx. 46872

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarreaus

ANUNCIO de información pública.

Alberto Martín Calvarro, en nome e representación de General de Hormigones S.A., solicita desta alcaldía licenza municipal para a instalación temporal dunha planta de fabricación de formigón, auxiliar ás obras do corredor norte de alta velocidade Madrid-Galicia e outras, a situar na parcela nº 157, polígono 13, da concentración parcelaria de Paradiña, cumprindo o disposto no artigo 8.3º do decreto 133/2008, do 12 de xuño, sobre avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante un prazo de vinte (20) días.

Sarreaus, 5 de decembro de 2012

Gumersindo Lamas Alvar
Alcalde