Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2012 Páx. 46842

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 20 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia na resolución de modificación do acordo por reclamación de superficie da concentración parcelaria de Nebra (Porto do Son).

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director xeral de Desenvolvemento Rural.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples, Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 20 de novembro de 2012

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Acto notificado: Resolución do 2 de agosto de 2012, do director xeral de Desenvolvemento Rural, de modificación do acordo por reclamación de superficie da zona de concentración parcelaria de Nebra (Porto do Son, A Coruña).

Interesada: Carmen Pouso Saavedra.