De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado polo director xeral de Desenvolvemento Rural.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples, Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación.
A Coruña, 20 de novembro de 2012
Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña
Anexo
Acto notificado: Resolución de 2 agosto de 2012, do director xeral de Desenvolvemento Rural, de modificación do acordo da zona de concentración parcelaria de Nebra (Porto do Son, A Coruña).
Interesada: Carmen Pose Patiño.