Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2012 Páx. 46844

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 28 de novembro de 2012, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se notifica comunicación en relación co expediente sancionador INC-LU-0010/2009-IPR.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a empresa interesada que se sinala no anexo deste anuncio comunicación en relación co expediente sancionador INC-LU-0010/2009-IPR.

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, situadas en San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que se proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2012

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: INC-LU-0010/2009-IPR.

Interesada: Maderas R. Salgueiro, S.L.

Acto de notificación: comunicación.

Último enderezo coñecido: r/ Capilla, s/n, Magazos, 27850 Viveiro (Lugo).