Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2012 Páx. 46840

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 20 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia na resolución de modificación do acordo pola aparición de restos arqueolóxicos no lugar de Outeiro Gordo, sito no polígono 16 da concentración parcelaria de Nebra (Porto do Son).

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director xeral de Desenvolvemento Rural.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples, Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 20 de novembro de 2012

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Acto notificado: Resolución do 2 de agosto de 2012, do director xeral de Desenvolvemento Rural, de modificación do acordo pola aparición de restos arqueolóxicos no lugar de Outeiro Gordo, sito no polígono 16 da zona de concentración parcelaria de Nebra (Porto do Son, A Coruña).

Interesados:

Gerardo González Lado

José Vázquez Brión

Ramona Vázquez Brión

Juan Vázquez Brión

José Manuel Tomé Vázquez

Ramón Pouso Deán

María Blanco Pouso

Dolores Vidal González

Abelardo Martínez Martínez

María Calo Santos

José Pouso Rodríguez

Ramón Pérez Cruz

Concepción Mayán Filgueira

Josefa Mayán Vázquez

Dolores Vidal Blanco

Ramón Vidal González

Rosa Tomé Romero

Juan Calo Vinagre

María Josefa González Agraso

Manuel Tomé Tomé

Mª Avelina González Agraso

José Ramón Vidal González

Manuela Pouso Pouso

Ramón Piñeiro Rey