Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle a interesada o contido do acordo que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.
Este acordo pon fin á vía administrativa e contra el a interesada poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comenzará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comenzará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida da Habana, 79-6ª planta en Ourense, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Ourense, 22 de novembro de 2012
(Decreto 245/2009, do 30 de abril)
José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Nº de expediente: TR340B 2007/79-3.
Nome ou razón social: Furafollas, S.L.
DNI/NIF/CIF: B32363384.
Último enderezo coñecido: rúa Arqueta, 2 bx. 2, 32660 Allariz, Ourense.
Feito imputado: non manter no cadro de persoal fixo da empresa os traballadores contratados ao abeiro do programa durante un período mínimo de tres anos.
Precepto infrinxido: artigo 19º.2.a) da Orde do 27 de febreiro de 2007.
Contido: acordo da procedencia do reintegro de axuda.