Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2012 Páx. 46833

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 22 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo da procedencia do reintegro das axudas á contratación indefinida de traballadores con discapacidade, reguladas na Orde do 6 de marzo de 2007 (Diario Oficial de Galicia do 16 de marzo).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle a interesada o contido do acordo que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Este acordo pon fin á vía administrativa e contra el a interesada poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comenzará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comenzará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida da Habana, 79-6ª planta en Ourense, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 22 de novembro de 2012

(Decreto 245/2009, do 30 de abril)
José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: TR343A 2007/43-3.

Nome ou razón social: Manuela Freire Yáñez.

DNI/NIF/CIF: 11837639E.

Último enderezo coñecido: trav. da Veiga, 6 baixo, 32600 Verín, Ourense.

Feito imputado: non manter no cadro de persoal fixo da empresa o traballador contratado ao abeiro do programa durante un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: base novena punto 1 do anexo A da Orde do 6 de marzo de 2007.

Contido: acordo da procedencia do reintegro de axuda.