Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2012 Páx. 46781

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica nos concellos do Incio e Bóveda (expediente IN407A 2012/90-2, 8058 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: modificado nº 1 a proxecto de recuamento liñas MT por execución corredor Sarria-Monforte treito I (3ª fase) Chorente-Noceda.

Situación: concellos do Incio e Bóveda.

Características técnicas:

– Recuamento no p.q. 6+200 a p.q. 6+800 da LMTA xeral SAR804 a 20 kV, con orixe no apoio metálico existente C14/2000 B-12 e final no apoio de formigón proxectado B-18B, entre estes apoios intercálanse tres apoios novos de formigón e tres novos tubulares metálicos, cunha lonxitude de 651 metros en condutor LA-110.

– Recuamento no p.q. 6+200 da LMTA a CT Santa Cruz de Oural a 20 kV, con orixe no apoio tubular metálico prexectado B-13 da LMTA xeral SAR804 e final no apoio de formigón proxectado B-13-1, sobre o que se instala o CT intemperie Santa Cruz de Oural (50 kVA), cunha lonxitude de 43 metros en condutor LA-56.

– Recuamento no p.q. 7+020 a p.q. 6+620 da LMTA xeral SAR804 a 20 kV, con orixe no apoio de formigón existente B-42 e final no apoio de formigón proxectado B-50, entre estes apoios intercálanse sete apoios novos, cunha lonxitude de 837 metros en condutor LA-110.

– Recuamento no p.q. 7+020 da LMTA a CT Rubián de Cima II a 20 kV, con orixe no apoio de formigón existente B-42 da LMTA xeral SAR804 e final apoio proxectado de formigón B42-1, cunha lonxitude de 163 metros en condutor LA-56.

– Recuamento no p.q. 8+000 a p.q. 9+400 da LMTA xeral SAR804 a 20 KV, con orixe no apoio de formigón existente B-117 e final no apoio de formigón proxectado B-129, entre estes apoios intercálanse once apoios novos, cunha lonxitude de 1.303 metros en condutor LA-110.

– Recuamento no p.q. 9+400 da LMTA xeral SAR804 a 20 kV, con orixe no apoio de formigón proxectado nº 16 e final no apoio metálico existente nº 17, cunha lonxitude de 68 metros en condutor LA-110.

– Recuamento no p.q. 9+400 da LMTA a Vilar de Vara, Fruxil y otros a 20 kV, con orixe no apoio de formigón proxectado nº 16 e final apoio proxectado de formigón nº 16-1, cunha lonxitude de 115 metros en condutor LA-56.

– Recuamento no p.q. 12+640 da LMTA xeral MOF802 a 20 kV, con orixe no apoio de formigón existente nº 0 e final no apoio de formigón proxectado nº 1, cunha lonxitude de 154 metros en condutor LA-56.

– Retranqueo no p.q. 12+640 da LMTA xeral MOF802 a 20 kV, con orixe no apoio de formigón proxectado nº 2 e final no apoio de formigón existente nº 3, cunha lonxitude de 112 metros en condutor LA-56.

– LMTS xeral MOF802 no p.q. 12+640, con orixe no paso aéreo a soterrado situado no apoio nº 1 e final no paso aéreo a soterrado situado no apoio nº 2, cunha lonxitude de 115 metros en condutor tipo RHZ-150.

– LMTS xeral SAR804 no p.q. 9+400, con orixe no paso aéreo a soterrado situado no apoio B-129 e final no paso aéreo a soterrado situado no apoio nº 16, cunha lonxitude de 120 metros en condutor tipo RHZ-240.

– Centro de transformación intemperie Santa Cruz de Oural sobre apoio de formigón proxectado, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 16 de novembro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo