Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2012 Páx. 46786

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da modificación da instalación eléctrica LMTS, CT Cuqueira, no concello de Cotobade (expediente IN407A 2012/112-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Domicilio social: avenida do Concello 21, 36830 A Lama.

Denominación: modificado LMTS, CT Cuqueira.

Situación: Cotobade.

Modificación con respecto ao proxecto orixinal:

A conexión da liña subterránea coa rede de distribución existente farase mediante un paso aéreo-subterráneo que se realizará no apoio existente C-3000/14, nº 8-1, da LMT subderivación Paraños, alongando a liña subterránea do proxecto orixinal en 161 metros. Non se realiza o retensado nin o novo tendido entre os apoios 9 y 10 da LMTA derivación Corredoira.

O resto das características son as recollidas na resolución desta xefatura territorial do 1 de outubro de 2012, pola que se autorizaba, se aprobaba o proxecto de execución e se declaraba a utilidade pública da instalación (DOG do 17 de outubro).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda 43, 36003 Pontevedra, no prazo de veinte días. Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar o modificado do proxecto da instalación.

Pontevedra, 19 de novembro de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra