Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 13 de decembro de 2012 Páx. 46670

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 2012 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación da subministración correspondente ao expediente 35/12.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2) Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais Campus Lagoas-Marcosende.

3) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

4) Teléfono: 986 81 37 67.

5) Telefax: 986 81 38 57.

6) Correo electrónico: alabel@uvigo.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de remate do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 35/12.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: embarcación autónoma.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Enderezo: Estación de Ciencias Mariñas na Illa de Toralla, en Vigo.

2) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

e) Prazo de entrega: 90 días.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) CPV: 34100000-8 e CPA: 29.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

1) Prezo da oferta: 55 puntos.

2) Calidade técnica: 40 puntos.

3) Extensión da garantía: 5 puntos, de acordo co establecido na folla resumo de características.

4. Valor estimado do contrato: 98.000 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe: 98.000 € + 20.580 € de IVE aplicable.

6. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva (5 % importe de adxudicación sen IVE).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no punto 13 da FRC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: papel 3, sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2. Enderezo: Edificio de Xerencia Servizos Centrais, planta baixa. Lagoas-Marcosende.

3. Localidade e código postal: Vigo, 36310.

4. Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas do Edificio de Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Lagoas-Marcosende, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratista da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 1.000 euros.

11. Outras informacións: Feder 2010. UNVI10-1E-1456. Finánciase parcialmente con fondos Feder nun 70 %, no marco do programa operativo: programas operativos rexionais do obxectivo de competitividade rexional e emprego.

Vigo, 7 de decembro de 2012

P.D. (Resolución 5.9.2011; DOG do 14 de setembro)
Manuel Fernández Jauregui
Xerente da Universidade de Vigo