Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 13 de decembro de 2012 Páx. 46674

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública sobre apertura de centro comercial de bricolaxe e construción (expediente 544/1050/2012).

Na Sección de Licenzas de Urbanismo da Coruña estase a tramitar expediente 544/1050/2012 de concesión de licenza de apertura para o seguinte:

Actividade: centro comercial de bricolaxe e construción.

Situación: rúa Severo Ochoa, 21, polígono A Grela, Bens.

Solicitante: Euro Depot España, S.A.U.

E en cumprimento do determinado no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, sobre avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante un prazo de vinte (20) días.

A Coruña, 23 de novembro de 2012

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo