Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 13 de decembro de 2012 Páx. 46669

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 21 de novembro de 2012, da Área Provincial de Ourense, pola que se notifica á persoa interesada que indica a resolución de pleno dereito do contrato de arrendamento.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1922, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, por ignorar o lugar da notificación, ao teren abandonado a vivenda que ocupaban, notifícaselles ás persoas interesadas a resolución de pleno dereito do contrato de arrendamento.

Ourense, 21 de novembro de 2012

José Manuel González García
Xefe da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-2006-CH-01.

Nome: Nelma de Araújo Brito Alfonso.

Enderezo: rúa Vilar, número 12, 3, Ourense.

Feitos imputados: resolución de pleno dereito do contrato de arrendamento.