Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 13 de decembro de 2012 Páx. 46682

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública sobre licenzas de obra e de actividade (expedientes 39682/422 e 39606/422).

As entidades que se citan solicitaron da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo licenzas de obra e licenzas de actividade para as actividades e nos lugares que a seguir se indican:

1. Solicitante: Patatas San Román, S.L. Actividade: almacén de patacas. Localización: camiño Pontillón, nº 35, Sárdoma. Expediente 39682/422.

2. Solicitante: Iberplas, S.L. Actividade: almacén de produtos manufacturados. Localización: rúa Valencia, nº 11. Expediente: 39606/422.

De conformidade co artigo 8.3. do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométense os expedientes a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da provincia e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primero anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. Os expedientes atópanse á disposición do público en xeral e pódense consultar na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do Edificio da Xerencia, sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 15 de novembro de 2012

Carlos López Font
Vicepresidente da Xerencia Municipal de Urbanismo