Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 13 de decembro de 2012 Páx. 46681

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública sobre acondicionamento dunha nave para taller de reparación de automóbiles (expediente 5212/10).

José Manuel Bernárdez Saborida (exp. 5212/10) presentou neste concello solicitude de licenza para o acondicionamento dunha nave para taller de reparación de automóbiles nas ramas de mecánica e electricidade, e cabina de pintura, sito na nave 18 da Cidade do Transporte do polígono industrial Lalín 2000, deste municipio de Lalín.

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente referenciado durante un prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, para os efectos de que poidan examinar o expediente, no Departamento de Urbanismo deste concello, e formulen os interesados as alegacións que se xulguen convenientes.

Lalín, 22 de novembro de 2012

Xosé Crespo Iglesias
Alcalde