Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 13 de decembro de 2012 Páx. 46680

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública relativo á ampliación dunha explotación avícola.

Presentado neste concello por Rubén Reboredo Vázquez en representación de Casa Rubén, S.C., expediente 6967/12, solicitude de licenza para ampliación de explotación avícola sita no lugar de Castro, parroquia de Castro de Cabras, Lalín.

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente referenciado, durante un prazo de vinte días contado desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, para os efectos de que se poida examinar o expediente no Departamento de Urbanismo deste concello e sexan formuladas polos interesados as alegacións que coiden convenientes.

Lalín, 17 de outubro de 2012

Xosé Crespo Iglesias
Alcalde