Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 13 de decembro de 2012 Páx. 46683

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación da subministración de mesturas bituminosas e emulsións asfálticas para o Taller de Fomento.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Vías e Obras. Nº de expediente: 67503-250.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración de mesturas bituminosas e emulsións asfálticas para o Taller de Fomento do Concello de Vigo. División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

Lugar de entrega: Concello de Vigo.

Prazo de execución: dous anos. Prórroga: dúas anualidades.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 600.000 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se exixe. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no prego de cláusulas administrativas particulares e nas follas de expecificacións do contrato.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará o día 7 de xaneiro de 2013.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo, ou a través da plataforma electrónica de contratación pública Vortalgov (www.vortalgov.es).

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 22 de novembro de 2012

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Patrimonio e Contratación