Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 13 de decembro de 2012 Páx. 46601

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2012 pola que se adxudican as axudas para prórrogas do Programa Isidro Parga Pondal (adxudicación do ano 2009), correspondentes a contratos de investigadores en centros de investigación alleos ao Sistema universitario de Galicia (SUG), previstas na Resolución do 7 de agosto de 2012 (Diario Oficial de Galicia número 158, do 21 de agosto), pola que se convocan accións de formación de investigadores do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE 2007-2013.

A Resolución da Axencia Galega de Innovación do 7 de agosto de 2012 (DOG núm. 158, do 21 de agosto), aproba as bases e convoca, no anexo I, as axudas correspondentes ás prórrogas do Programa Isidro Parga Pondal 2009, ao abeiro das accións financiables polo FSE de formación de investigadores, do Plan galego de innvestigación, innovación e crecemento I2C (2011-2015).

No artigo 2 do anexo I da mencionada resolución determinábanse os requisitos que deberían cumprir os candidatos a ser contratados polos beneficiarios das axudas concedidas para a contratación de doutores do Programa Isidro Parga Pondal, adxudicación do ano 2009.

A Comisión de Selección establecida no artigo 9 das bases xerais da dita resolución, na súa reunión do 5 de novembro de 2012, tendo en conta os criterios de selección establecidos nas bases da convocatoria (artigo 6 do anexo I) e os créditos dispoñibles, acordou:

1. Propor a concesión dunha prórroga de dous anos de duración das axudas correspondentes ao Programa Isidro Parga Pondal 2009 (anexo I da resolución de convocatoria), adxudicadas por Resolución da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do 30 de decembro de 2009 (DOG do 13 de xaneiro de 2010), aos seis solicitantes que se relacionan no anexo I desta resolución.

2. Propor a denegación da prórroga á solicitante do Programa Isidro Parga Pondal 2009 que se relaciona no anexo II desta resolución.

Consecuentemente con todo o anterior, atendendo á proposta da Comisión de Selección e en exercicio das facultades que me confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación,

RESOLVO:

Primeiro

Concederlles as axudas correpondentes ás entidades que contraten os seis candidatos seleccionados do Programa Isidro Parga Pondal 2009 que se relacionan no anexo I desta resolución.

Segundo

Denegar a axuda correspondente á entidade da candidata do Programa Isidro Parga Pondal 2009 que se relaciona no anexo II desta resolución.

Terceiro

As seis axudas Parga Pondal concedidas financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2013, 2014 e 2015 que a seguir se indican, coa seguinte distribución, considerando como data de inicio dos contratos o 1 de xaneiro de 2013 e a súa duración de dous anos:

Aplicación orzamentaria

Organismo beneficiario

Nº prazas

Ano 2013

Ano 2014

Ano 2015

Total

08.A3.561A.403.0

CSIC

2

62.700

68.400

5.700

136.800

Total

2

62.700

68.400

5.700

136.800

08.A3.561A.432.0

Ingacal

1

31.350

34.200

2.850

68,400

Total

1

31.350

34.200

2.850

68,400

08.A3.561A.443.0

Cetmar

1

31.350

34.200

2.850

68,400

Total

1

31.350

34.200

2.850

68,400

08.02.561A.480.1

IDICHUS

1

31.350

34.200

2.850

68,400

FBCHUAC

1

31.350

34.200

2.850

68,400

Total

2

62.700

68.400

5.700

136.800

Total xeral

6

188.100

205.200

17.100

410.400

Este programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE), no marco do programa operativo FSE de Galicia 2007-2013, eixe 3 e tema prioritario 74, cunha taxa de cofinanciamento do 80 %.

Cuarto. Formalización das correspondentes prórrogas

1. Unha vez publicada a resolución no DOG, as institucións e entidades beneficiarias procederán á contratación das persoas investigadoras seleccionadas mediante a formalización da prórroga dos correspondentes contratos laborais de acordo co que establece o texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo. Na prórroga dos contratos deberá facerse referencia expresa:

a) Ao seu financiamento con cargo á prórroga do Programa Isidro Parga Pondal, nova adxudicación 2009.

b) Á data de inicio e duración da correspondente prórroga, así como á retribución bruta anual.

Quinto

O pagamento das axudas pola Axencia Galega de Innovación ás institucións ou entidades beneficiarias realizarase do xeito indicado no anexo I da resolución de convocatoria.

Sexto

Todas as solicitudes para as cales se propón o seu financiamento cumpren os requisitos establecidos nas correspondentes bases da convocatoria.

Sétimo

As propostas que resultaron seleccionadas pasarán a formar parte da lista pública de beneficiarios prevista nos artigos 6 e 7.2.d) do Regulamento (CE) nº 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro.

Oitavo

As entidades beneficiarias deberán cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) nº 1828/2006 e no artigo 1, números 1) e 2), do Regulamento (CE) nº 846/2009, da Comisión, do 1 de setembro; particularmente deberán instalar carteis visibles ao público para que a publicidade de cofinanciamento do FSE chegue aos beneficiarios do programa.

Noveno

A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na resolución de convocatoria do 7 de agosto de 2012 (DOG núm. 158, do 21 de agosto) suporá a perda do dereito a percibir a axuda correspondente.

Décimo

Contra esta resolución, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpor recurso de alzada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2012

Ricardo Capilla Pueyo
Director da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I
Prórrogas concedidas do Progama Isidro Parga Pondal 2009

Centro

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

CSIC (IIM)

Pazos

Palmeiro

Manuel

32683744-P

CSIC (MBG)

Santiago

Carabelos

Rogelio

44077564-L

Ingacal

Mirás

Avalos

José Manuel

53163296-S

Cetmar

Martín

Míguez

Belén

25462315-G

IDICHUS

García

González

Miguel

76827288-C

FCHUAC

Mayán

Santos

María Dolores

52931736-L

ANEXO II
Prórroga denegada do Progama Isidro Parga Pondal 2009

Centro

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

FCHUAC

Fernández

Burguera

Elena

33299939-X