Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2012 Páx. 46579

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Amoeiro

ANUNCIO de información pública sobre legalización de edificio industrial con destino a taller de reparación de vehículos e maquinaria agrícola.

Luis González Fernández solicitou licenza para a legalización de edificio industrial con destino a taller de reparación de vehículos e maquinaria agrícola nas ramas de mecánica e electricidade na rúa Santiago, nº 29 (Amoeiro).

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir un período de información pública polo prazo de vinte días hábiles, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia de Ourense e no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que se vexan afectadas dalgún modo pola referida actividade poidan alegar o que consideren oportuno.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Amoeiro, 5 de novembro de 2012

Rafael Rodríguez Villarino
Alcalde