Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2012 Páx. 46580

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Laxe

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de ordenación de núcleo rural en Soesto.

Aprobado inicialmente polo Pleno desta corporación municipal, na sesión ordinaria do 9 de novembro de 2012, o Plan especial de ordenación de núcleo rural en Soesto, deste concello, redactado polos arquitectos Alfredo Garrote Pazos, Mónica Mesejo Conde e Iria Pérez Miranda, por instancia de Rafael Solórzano Sáenz de Cenzano e Juan Carlos Pérez Dourado, exponse ao público xunto co convenio urbanístico para o desenvolvemento, que tamén foi aprobado en tal sesión, polo prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa última publicación no Diario Oficial de Galicia. Este anuncio publícase igualmente no xornal La Voz de Galicia-edición de Bergantiños-Soneira-Fisterra e Diario de Bergantiños.

Laxe, 19 de novembro de 2012

Antonio Carracedo Sacedón
Alcalde