Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2012 Páx. 46581

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Negreira

ANUNCIO de información pública sobre taller mecánico para a reparación de vehículos de motor con exposición e venda de usados.

Pacita Blanco Fernández, en representación de Talleres y Grúas Campos, S.L. e Grupo Musical Olimpus, S.L. solicitou desta alcaldía licenza municipal para taller mecánico para a reparación de vehículos de motor con exposición e venda de usados, que se situará na parcela nº 4 do parque empresarial de Negreira. En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Negreira, 29 de outubro de 2012

José Blanco Pazos
Alcalde