Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2012 Páx. 46582

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outes

ANUNCIO de información pública da ampliación do cemiterio parroquial de San Xoán de Roo.

O Concello de Outes anuncia a exposición ao público do proxecto de ampliación do cemiteiro parroquial de San Xoán de Roo, no núcleo rural tradicional do lugar de Roo, que promove o Arcebispado de Santiago de Compostela, con suxeición ao proxecto técnico redactado pola arquitecta Sra. Sande Beiro. A ampliación consiste na construción de 43 novos panteóns con cadanseus tres nichos polo vento norte do actual recinto do cemiterio.

O proxecto exponse ao público coa finalidade de que as persoas ou entidades interesadas poidan presentar as suxestións e reclamacións que xulguen oportunas no prazo de 20 días hábiles contados desde que se publique este anuncio no taboleiro de edictos e na páxina dixital da corporación, no Boletín Oficial da provincia da Coruña, e no Diario Oficial de Galicia.

O expediente está ao dispor das persoas interesadas nas oficinas da Casa do Concello.

Outes, 12 de novembro de 2012

Carlos E. López Crespo
Alcalde