Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2012 Páx. 46583

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outes

ANUNCIO de convocatoria de licitación pública para a adxudicación de servizo de axuda no fogar.

O Concello de Outes convoca licitación pública para adxudicar o seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora: Concello de Outes.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: servizo de axuda no fogar.

b) Lugar: municipio de Outes.

c) Prazo de execución: dous anos prorrogables por períodos dun ano ata un máximo de catro anos.

3. Procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto con multiplicidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación: o prezo do contrato determínase en función do número de horas de prestación do servizo, tomando como base de licitación o prezo/hora 11,38 euros/hora máis IVE. O orzamento máximo anual do contrato é de 65.793,00 euros máis IVE.

5. Garantía provisoria: non se exixe.

6. Documentación e información:

Casa do Concello; rúa da Vila nº 1, 15230 Outes. Teléfono: 981 85 00 03, fax: 981 85 03 87. Correo electrónico: correo@outes.dicoruna.es. A data límite de obtención de información é ata o décimo día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

7. Requisitos do contratista: a solvencia económica e financeira acredítase por calquera dos medios que prevé o artigo 75 da LCSP. A técnica, consonte o punto 9.2.a) do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo de presentación: dez días naturais contados desde que se publique este anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

b) Documentación: a do punto 9 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar: Rexistro Xeral do Concello de Outes.

d) Prazo de mantemento da oferta: tres meses desde que conclúa o prazo de presentación.

9. Apertura das ofertas: o quinto día solto seguinte ao de conclusión do prazo de presentación das ofertas, ás 13.00 horas, na Casa do Concello de Outes.

10. Os gastos dos anuncios da licitación serán por conta do adxudicatario.

Outes, 12 de novembro de 2012

Carlos E. López Crespo
Alcalde