Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2012 Páx. 46585

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outes

ANUNCIO de convocatoria de licitación pública para a adxudicación de camión recolector de residuos sólidos urbanos.

O Concello de Outes convoca licitación pública para adxudicar o seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora: Concello de Outes.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: subministración de camión recolector de residuos sólidos urbanos.

b) Lugar: municipio de Outes.

c) Prazo de execución: tres meses.

3. Procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto con multiplicidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación: 112.385,00 euros máis 23.600,85 de IVE; en total, 135.985,85 euros.

5. Garantía provisoria: non se exixe.

6. Documentación e información:

Casa do Concello; rúa da Vila nº 1, 15230 Outes. Teléfono: 981 85 00 03, fax: 981 85 03 87. Correo electrónico: correo@outes.dicoruna.es. A data límite de obtención de información é ata o décimo día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

7. Requisitos do contratista: a solvencia económica e financeira xustifícanse por calquera dos medios que prevén os artigos 75 e 77 da LCSP. Exíxese compromiso de adscribir á execución os medios persoais ou materiais suficientes consonte o artigo 64.2 do LCSP.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo de presentación: quince días naturais contados desde que se publique este anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

b) Documentación: a da epígrafe III.3 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar: Rexistro Xeral do Concello de Outes.

d) Prazo de mantemento da oferta: tres meses desde que conclúa o prazo de presentación.

9. Apertura das ofertas: o quinto día solto seguinte ao de conclusión do prazo de presentación das ofertas, ás 13.00 horas, na Casa do Concello de Outes.

10. Os gastos dos anuncios da licitación serán por conta do adxudicatario.

Outes, 20 de novembro de 2012

Carlos E. López Crespo
Alcalde