Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2012 Páx. 46578

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se modifica a Resolución do citado órgano, do 30 de outubro de 2012, pola que se anuncia a contratación do servizo de mantemento integral de equipamento electromédico e outro equipamento (AI-SER1-12-033).

Respecto do anuncio de licitación publicado no DOUE o 14 de novembro de 2012 e da Resolución da Dirección de Recursos Económicos do 30 de outubro de 2012 publicada no BOE do 17 de novembro de 2012 e no DOG do 22 de novembro de 2012, cómpre facer as seguintes modificacións:

Data límite de presentación de ofertas: o día 26.12.2012.

A apertura do sobre B terá lugar o día 8 de xaneiro de 2013 ás 9.00 horas na sala 2.1 do Edificio Administrativo San Lázaro.

As respostas ás solicitudes de aclaracións formuladas polos licitadores (cláusula 2.4.4 do prego de cláusulas administrativas particulares) faranse públicas no perfil do contratante www.sergas.es (cláusula 2.4.5 do prego de cláusulas administrativas particulares).

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2012

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos