Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2012 Páx. 46418

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Cedeira (expediente IN407A 182/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTA, CTI, RBT, Fragoso.

Situación: Cedeira.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión aérea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,685 km, coa orixe na LMT CDR-806 Vilela-Mera, tramo entre o CT Vilarnovo (expte. 51.081) e CT Hervellas (expte. 3.266), condutor tipo LA-56/54,6 mm2, e final no CTI Fragoso (proxectado).

Centro de transformación intemperie, cunha potencia de 100 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 1,240 km, con orixe no CTI Fragoso (proxectado), condutor tipo RZ, e apoios de formigón.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben cando, intentada a notificación, non se puidese realizar, e deste xeito dirixir ao Ministerio Fiscal ás dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

A Coruña, 9 de novembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expte. 182/12. Concello: Cedeira. Provincia: A Coruña.

LMTA, CTI, RBT Fragoso.

Nº predio

Paraxe

Cultivo

Nome e apelidos. Enderezo

Apoio

Afeccións

m2

ml aér.

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

1

Xigante

Pradaría

– Hros. Eugenio Ramos Pita

Vilarnovo-Montoxo nº 2, 15359 Cedeira (A Coruña)

– Apoderado: Higinio García Yáñez

Muelle, s/n, 15359 Cedeira (A Coruña)

1

2,0

8,0

80,0

3

Leira das Bestas

Pradaría

– Amadeo López García

Vilarnovo-Montoxo, s/n, 15359 Cedeira (A Coruña)

2

2,0

73,0

734,0

4

Leira das Bestas

Monte

– Santa Fernández Candamio

Vilarnovo-Montoxo, s/n, 15359 Cedeira (A Coruña)

68,0

1.078,0

7

Gorxiña

Pradaría

– Amadeo López García

Vilarnovo-Montoxo, s/n, 15359 Cedeira (A Coruña)

1/2 3

1,0

74,0

694,0

9

Silveira do Vento

Pradaría

– Helena Casal Martínez

San Román ou Lameiro, 15359 Cedeira (A Coruña)

35,0

350,0

10

Silveira do Vento

Pradaría

– Hros. José Pérez Casal

Muruxás nº 3, 15359 Cedeira (A Coruña)

16,0

160,0

11

Bravo

Monte alto

– Hros. Benedicto Pazos Freire

R/ Manuel Belando nº 50-3º, 15404 Ferrol (A Coruña)

44,0

624,0

12

Bravo

Monte alto

– Hros. Benedicto Pazos Freire

R/ Manuel Belando nº 50-3º, 15404 Ferrol (A Coruña)

80,0

13

Bravo

Pradaría

– Luciano Méndez García

San Román-Fragoso, 15359 Cedeira (A Coruña)

53,0

520,0

16

Cepeira

Pradaría

– Andrés Pérez Casal

Fragoso nº 1, 15359 Cedeira (A Coruña)

5,0

19

Cepeira

Pradaría

– Andrés Suárez Cajija

San Román-Fragoso, 15359 Cedeira (A Coruña)

53,0

530,0

20

Cepeira

Pradaría

– Andrés Suárez Cajija

San Román-Fragoso, 15359 Cedeira (A Coruña)

45,0

450,0

21

Cepeira

Pradaría

– Andrés Suárez Cajija

San Román-Fragoso, 15359 Cedeira (A Coruña)

Centro transf.

9,0

36,0

324,0