Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2012 Páx. 46421

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Betanzos (expediente IN407A 2012/205-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Vego Supermercados, S.A.

Domicilio social: Gambrinus, 9-11, pol. A Grela, 15008 A Coruña.

Denominación: LMT soterrada, CS e CT de 400 kVA.

Situación: avda. Juan García Naveira, urb. Pasatempos, Betanzos.

Características técnicas: LMT soterrada de 8 m en cable RHZ1-2 OL-12/20 kV 3(1*240 AL), CT e CS en caseta prefabricada de formigón, transformador de 400 kVA, relación 15-20/0,42 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, rúa Vicente Ferrer, 2-1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte á recepción desta comunicación, tal como establece o artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

A Coruña, 13 de novembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña