Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2012 Páx. 46416

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se autoriza unha instalación eléctrica no concello de Cangas (expediente IN407A 2012/191-4).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa das instalacións que a seguir se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LAT 66 kV Pontesampaio-Cangas II, alimentación Cangas II.

Situación: Cangas.

Características técnicas: liña de alta tensión subterránea a 66 kV con condutor RHZ1 de 1.826 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 118 da LAT 66 kV Pontesampaio-Cangas, no cal se realiza un paso aéreo subterráneo (PAS) e final na nova subestación Cangas II (1.696 metros de tendido, desde o apoio 118 PAS realízanse aproveitando os tubos da canalización existente da LAT 66 kV DC Lourizán-Cangas). A instalación está situada en Cangas.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar as devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no anteproxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

O prazo para solicitar a aprobación do proxecto de execución é de seis meses a partir da data desta resolución.

Producirase a caducidade desta autorización se, transcurrido o dito prazo, aquela non for solicitada, podendo solicitar o peticionario, por razóns xustificadas, prórrogas do prazo establecido.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 7 de novembro de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra