Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2012 Páx. 46357

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Friol

ANUNCIO de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal.

O Concello Pleno, na sesión extraordinaria do día 30 de novembro de 2012, acordou a aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal para creación de dotación D-1 aparcadoiro público e superficie no lugar da Baiuca.

O que se fai público para xeral coñecemento e efectos, advertíndose que en cumprimento do disposto no artigo 85 da Lei 9/2002, do 30 de decembro (na redacción da Lei 2/2010, do 25 de marzo) e no artigo 11 do Real decreto 2/2008, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo, estará exposto ao público nas oficinas municipais, para os efectos de exame e presentación de reclamacións polo prazo de 2 meses, contado a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, ben no Diario Oficial de Galicia ou ben nos xornais El Progreso e La Voz de Galicia. Ao mesmo tempo darase audiencia aos concellos limítrofes e solicitaranse os informes sectoriais a que fai referencia o informe previo á aprobación inicial.

Do mesmo xeito e en cumprimento do disposto no artigo 77.2 da lei, o acordo de aprobación inicial determinará, por si só, a suspensión do procedemento do outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto da modificación do planeamento, xa que as novas determinacións supoñen a modificación da normativa urbanística vixente. O prazo de suspensión será, como máximo, de dous anos e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento. A área de supensión é a comprendida pola modificación do planeamento, denominada A Baiuca (fronte ao mercado gandeiro)

Friol, 3 de decembro de 2012

Antonio E. Muiña Pena
Alcalde