Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2012 Páx. 46358

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de licitación do contrato de subministración e mantemento de equipamentos informáticos do Concello.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Concello de Oroso.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Secretaría.

2) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

3) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

4) Teléfono: 981 69 14 78.

5) Telefax: 981 69 17 86.

6) Correo electrónico: correo@oroso.dicoruna.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellooroso.com

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata dous días naturais antes da finalización do prazo para presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2012/053.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo mixto de subministración e de servizos.

b) Descrición: subministración e mantemento de equipamentos informáticos do Concello de Oroso.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Oroso.

1) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

2) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

d) Prazo de execución: 4 anos contados desde a formalización do contrato.

e) Admisión de prórroga: sen posibilidade de prórroga.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 50320000-4; 50323000-5; 30213000-5; 30237000-9; 48000000-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con pluralidade de criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto:

Mantemento: 26.400 euros. IVE (21 %) de 5.544 euros. Importe total: 31.944 euros.

Arrendamento equipamentos: 33.800 euros. IVE (21 %) de 7.098 euros. Importe total: 40.898 euros.

Arrendamento software: 8.400 euros. IVE (21 %) de 1.764 euros. Importe total: 10.164 euros.

5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva (5 %) do importe de adxudicación.

6. Valor estimado: 87.465 euros.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso: véxase artigo 4 do prego.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP, no perfil do contratante ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.

2) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

3) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

b) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

10. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios cun máximo de 1.000 euros.

Oroso, 3 de decembro de 2012

Antonio Leira Piñeiro
Alcalde en funcións