Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2012 Páx. 46356

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Bola

ANUNCIO de exposición ao público do expediente de delimitación do núcleo rural do Campo de Sorga.

De conformidade co previsto na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, coas súas modificacións posteriores, exponse ao público na Secretaría deste concello (das 9.00 ás 14.00 horas) polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e en dous dos xornais dos de maior difusión no municipio, o seguinte expediente: delimitación do núcleo rural do Campo de Sorga.

A Bola, 3 de decembro de 2012

María Teresa Barge Bello
Alcaldesa