Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2012 Páx. 46355

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 14 de novembro de 2012, da Área Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador E.S.OU-06/12.

Mediante esta cédula notifícaselle á persoa que se menciona no anexo que con esta data resolvín publicar a resolución do expediente sancionador por infracción do réxime legal de vivenda protexida, por non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 14 de novembro de 2012

José Manuel González García
Xefe da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: E.S.OU-06/12.

Responsable: José Silva da Cruz.

Enderezo: rúa Luís Trabazo, núm. 5, 5º A, Ourense.

Feitos imputados: non destinar a vivenda protexida ao seu domicilio habitual e permanente.

Infracción: grave.

Sanción: multa de sete mil (7.000,00) euros.