Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2012 Páx. 46328

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 22 de novembro 2012, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, pola que se acepta a avinza realizada entre as comunidades de montes veciñais en man común da Seara e Gándara de Carballeira, no concello de Cartelle (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión realizada no día 20 de novembro de 2012, en relación coa avinza realizada entre as comunidades de montes veciñais en man común da Seara e Gándara de Carballeira, no concello de Cartelle (Ourense), examinada a documentación presentada e co informe favorable do Servizo de Montes, resolveu aceptar o acordo acadado previamente polas respectivas comunidades, e ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do disposto na disposición transitoria décimo cuarta da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta resolución, segundo o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como, na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 22 de novembro de 2012

Ricardo Ignacio Vecillas Rojo
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense