Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2012 Páx. 46329

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2012 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación urxente e anticipada de gasto, do servizo de limpeza para os centros docentes non universitarios dependentes da Consellería do Medio Rural e do Mar, e o complementario de lavandaría da EONP de Ferrol (expediente 35/2012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza para os centros docentes non universitarios dependentes da Consellería do Medio Rural e do Mar: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo (IPMP), Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira (EONP), Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa (Igafa), Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol (EONP), Aulas de Formación Pesqueira (AFP) de Cariño, Burela e Celeiro e o servizo complementario de lavandaría da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol.

c) División por lotes e número: non leva.

e) Prazo de execución/entrega: o prazo de execución do contrato é de doce (12) meses.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 90919300-5.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente e aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 153.719,00 €; IVE (21%): 32.280,99 €. Importe total: 185.999,99 €.

Valor estimado: 153.719,00 euros (sen IVE).

5. Financiamento: fondos propios da consellería.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría b, segundo a epígrafe H da folla de especificacións do prego.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto nas epígrafes J e K da da folla de especificacións do prego.

7. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 42/981 54 40 29 (consultas administrativas e técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18220

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos oito (8) días naturais, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que cómpre presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación, no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do sexto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

12. Outras informacións: datos para a subrogación dos traballadores no anexo I do prego de prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2012

P.D. (Orde 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar